jueves, 16 de diciembre de 2021

Regulamento básico de Floorball

O floorball é  un deporte de equipo xogado en pista cuberta, onde o obxectivo sexa marcar goles dentro dunha limites establecidos. Neste xogo o campo contará con dimensións de 40m x 20m, pechado por unha banda de una 50cm de altura cas esquinas redondeadas.

Os puntos a tratar no regulamento de floorball serán:
-Duración do xogo.
-Posicións fixas.

1. Duración do xogo:

-A duración deste xogo será de 3 tempos de 20 minutos cada un, con dous descansos de uns 10 minutos, onde se cambiará de campo.

-O xogo e a tempo efectivo, e dicir, cada vez que o árbitro toque o silbato, o partido deterase, e volverase a retomar no momento no que a bola volva estar en xogo.

-Tempo morto: en todo o partido, cada un dos equipos contará con un tempo morto. Este comezará cando o xogo se vexa interrumpido e retomarase con un triple toque de silbato.

-Prórroga: se no tempo establecido, o partido queda empatado, xogaranse 10 minutos de tempo extra.

-Penaltis: cada un dos equipos contará con 5 xogadores para a tanda de penaltis, se na prórroga quedan novamente empatados. Se estos 5 xogadores seguen cos marcadores iguais, volverán facer a tanda de penaltis.

2. Posicións fixas:

-Reglas xenerais das posicións fixas:
  • No momento no que o xogo se vexa interrumpido, reanudarse con unha posición fixa acorde a causa da interrupción. Estas situacións son: saque neutral, saque de banda, golpe franco e lanzamentos de penalti.
  • Os árbitros deberán pitar, realizar a señal preescrita e marcar o punto onde se debe executar a situación fixa.
  • Unha situacion fixa, non será retrasada inxustificadamente. Se é retrasada, notificarase ao xogados, antes de ser tomada calquera acción.
-Saque neutral:
  • Realizarase un saque neutral dende o punto central pra marcar un novo período ou un gol.
  • Cando un xogo e interrumpido, e non se lle pode outorgar a ningún dos equipos un saque de banda, un golpe franco ou un lanzamento de penalti, reanudarse o xogo con un saque neutral.
  • Sacarase dende o punto máis cercano ao face-off, dacordo o lugar onde se atopaba a bola no momento da interrupción.
  • Os xogadores que non realicen o saque neutral deberán posicionarse, a máis de 3m da bola.
  • A bola xogarase co stock, por un xogar de cada equipo.
  • Un saque neutral pode ir directamente a gol.
-Situacións que levan a un saque neutral:
  • Cando a bola e dañada sin intención, ou non está en condicións de uso.
  • Cando as pezas que compoñen a banda están dañadas e a bola vai cerca.
  • Cando a portería é movida, e non se pode recolocar nun tempo razonable.
  • Cando se produce unha lesión grave ou un xogados lesionada afecta ao xogo.
  • Cando se produce unha situacion non natural durante o xogo.
  • Cando un gol non é concedido.
  • Cando un lanzamento de penalti non finaliza en gol.
  • Cando se pita una sanción retardada porque o equipo ofensor recupera e controla a bola.
  • Cando un árbitro non é capaz de decidirse a favor de ningún equipo nun saque franco.
  • Cando os árbitros consideren que unha das súas decisións e incorrecta.
 -Saque de banda:
  • Cando a bola sae da pista. Relizarase dende onde saíu a bola, a 1'5m da banda.
  • Os opoñentes deberán colocarse a 3m da bola.
  • A bola será xogada co stick dun xogador, que non poderá volver tocar a bola ata que non sexa golpeada por outro xogador.
  • O saque pode ir directamente a gol.
-Situacións que levan a un saque de banda:
  • Cando a bola pasa por encima da banda, ou toca o teito ou posibles obxectos encima da pista.
-Saque de falta:
  • Será otorgado cando se comete unha acción de falta.
  • Un saque de falta será sacado sendo o lugar onde se cometeu a falta.
  • Os contrincantes deberán situarse a 3m da bola 
  • A bola será xogada co stick de un xogador. Non se pode elevar nin arrastrar.
  • O xogador que saque a falta, non pode volver golpear a bola hata que o faga un dos seus compañeiros.
  • Un saque de falta pode ir directamente a gol.
-Accions que provocan un saque de falta:
  • Cando un xogador golpea, eleva ou da unha parada ao stick dun opoñente.
  • Cando un xogador suxeita a un contrario ou o seu stick.
  • Cando un xogador eleva o stick por encima da cadeira.
  • Cando algún xogador usa calquera parte do stick ou do seu corpo para golpear a bola.
  • Cando un xogador coloca o stick, o peu ou a súa perna entre as pernas ou os pés do rival.
  • Cando un xogador forza ou empuxa a un rival dalgunha outra forma que non sexa hombro contra hombro.
  • Cando un xogador impide que un opoñente se mova na dirección desexada.
  • Cando un xogador da patadas a bola, a non ser que está toque o stick do xogador, a outro xogador ou o stick doutro xogador.
  • Cando un xogador está na área do porteiro.
  • Cando un xogador de campo move intencionadamente a portería contraria.
  • Cando un xogador de campo obtrue pasivamente o saque do porteiro. 
  • Cando un xogador salta e para a bola.
  • Cando un xogador de campo xoga a bola desde fóra da pista.
  • Cando un porteiro sae da area durante un saque de portería.
  • Cando un porteiro lanza a bola máis alá da línea central.
  • Cando un saque de banda ou un saque de falta e executado incorrectamente ou retardado intencionadamente.
  • Cando un porteiro ten control da bola durante máis de 3 segundos. 
  • Cando un porteiro recibe un pase, ou colle a bola dun xogador de campo do mismo equipo.
  • Cando unha expulsión e imposta durante o xogo.
  • Cando un xogador retrasa o xogo.
  • Cando un equipo perde tempo.
  • Cando un xogador, golpea a bola ca cabeza.
-Lanzamento de penalti:
  • Cando se comete unha falta que derive nun penalti, será adxudicado ao equipo non ofensor.
  • Indicarase co stick e farase dende un punto central.
  • Todos os xogadores deberán situarse nas zonas de sustitución mentres dure o penalti.
  • O xogador que lanza o penalti poderá xogar a bola o número de veces ilimitado. Deberá ser continuo, a bola non pode realizar unha parada ou un cambio de dirección.
  • Un xogador quedara no banco de expulsados durante o penalti se previamente cumpliu unha sanción de 5 minutos.
-Penalti retardado:
  • Aplicarase, cando despois de unha falta o equipo non ofensor controla a bola e a situación de fol continúa. 
  • Un penalti retardado implica que o equipo non ofensor, ten a posibilidade de continuar o ataque hata que a situación inmediata de gol remate.
-Accións que provocan un penalti:
  • Cando o equipo defensor comete unha falta para evitar o gol dando lugar a unha sanción.
  • Tamén será adxudicado se durante a situación de fol o equipo defensor move intencionadamente a portería ou xoga con moitos xogadores na pista.
  • Cando nun golpe franco, lanzado directamente a portería, un xogador do equipo defensor está na área do porteiro, na la portería ou si se move a portería.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Entender el softbol.

    El softball es un deporte muy parecido al beisbol, que consiste en batear una bola, por lo general más grande que la de beisbol y más bl...